Wednesday 08 de May de 2024

Os servizos Sociais de Riveira organizan clases para preparar as probas de acceso ao Grao Medio de Formación Profesional


A preinscripción estará aberta ata o 22 de xaneiro

O Departamento de Servizos Sociais da Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social e Igualdade convoca prazo de preinscripción para clases preparatorias para as probas de acceso ao Grao Medio de Formación Profesional. Este prazo estará aberto ata o vindeiro 22 de xaneiro.

Requisitos:
• Ter cumpridos 17 anos antes do 31 de decembro de 2016
• Estar en situación de desemprego

Os interesados deben dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais para recibir máis información e facer unha entrevista previa (enderezo: praza 8 de marzo, baixo / número de teléfono: 981 874 131).

Número de prazas: 10, tendo prioridade aquelas persoas con menos recursos económicos na unidade familiar e maior motivación.

As clases serán gratuítas e realizaranse no mes de febreiro en horario de mañá, un ou dos días á semana, ata a data anterior á convocatoria das probas.

As áreas nas que se impartirá formación son: Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá. Orientacións nas áreas de Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Tecnoloxía.

As clases desenvolveranse nun aula do Departamento de Servizos Sociais, realizándose a actividade coa colaboración de profesionais do Departamento de Servizos Sociais, Programa de Voluntariado e Normalización Lingüística do Concello.